Otero Pedrayo, Pazo Museo
Otero Pedrayo, Pazo Museo
Museo situado en Trasalba (Ourense), na casa que fora propiedade de Otero Pedrayo e que se converteu, tras a súa morte, en sede da Fundación Otero Pedrayo, así como da exposición dos que foran os obxectos persoais do autor e a súa biblioteca persoal. Pertence ao Consello Galego de Museos.