Otero Urtaza, Eugenio Manuel
Pedagogo. Catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación na Universidade de Santiago de Compostela desde 1995, entre 1994 e 2003 dirixiu a Escola de Formación de Profesorado de Lugo. Especializouse no estudo da Institución Libre de Enseñanza e desenvolveu ademais liñas de investigación relacionadas coa historia do excursionismo escolar e as conexións entre infancia e educación militarista. Das súas publicacións destacan Las Misiones Pedagógicas: una experiencia de educación popular (1982), Manuel Bartolomé Cossío. Trayectoria vital de un educador (1994), Manuel Bartolomé Cossío. Pensamiento pedagógico y acción educativa (1994), Francisco Giner de los Ríos Religius’ Conception of Religius Education: Insights Afforded by an unpubliched Text (1999), La formazione dei maestri in Spagna: un approccio storico (2000), Francisco Giner, a escola primaria e a universidade (2001) e Giner y Cossío en el verano de 1883. Memoria de una excursión inolvidable (2004). Recibiu o Premio Nacional de Investigación Educativa (1990).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra