otomí

otomí
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo otomí ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo otomí.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo indíxena de México, un dos primeiros que se estableceron no altiplano de México, quizais ao mesmo tempo ca os olmecas. Tiñan unha cultura moi primitiva e moitos grupos non coñeceron o castelán.

  4. s m [LING]

    Lingua otomangueana do phylum amerindio falada polo pobo otomí.