Ottey, Merlene Joyce

Ottey, Merlene Joyce

Atleta xamaicana. Especialista en probas de velocidade, conseguiu 20 medallas en campionatos do mundo (1983-1995), seis delas de ouro. Participou en sete edicións dos xogos olímpicos (1980-2004), onde obtivo a medalla de bronce nos de Moscova (1980) en 200 m, en Los Angeles (1984) en 100 m e 200 m, en Barcelona (1992) en 200 m e en Atlanta (1996) en 4 x 100 m en carreira de remudas; e a medalla de prata en Atlanta (1996) en 100 m e 200 m e en Sydney (2000) en 4 x 100 en carreira de remudas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pondside, Cold Springs