Ouagadougou

Ouagadougou

Capital de Burkina Faso e da provincia de Kadiogo, situada no centro do país (690.000 h [1993]). A industria está pouco desenvolvida, conta con fábricas eléctricas, de tecidos de algodón e de vidro. É dunha grande importancia a liña férrea que vai da capital ata Abidjan, porto de Costa de Marfil. Ten aeroporto internacional e unha universidade que se fundou en 1974.