Ourense
-
[ONOM]
Apelido de orixe galega que se asentou na cidade de Ourense, da que colleu o nome, estendeuse por toda a Península e fundou en Burgos unha casa moi importante.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de sinople, unha cruz flordelisada, de ouro. Outros traen, en campo de azul, un castelo, de prata, rodeado de cinco estrelas do mesmo metal. Outra variante recolle, en campo de azul, un cabrío, de ouro, cargado de tres billetes, de goles. Outra trae, en campo de prata, unha aguia, de sable; bordura de azul, con oito roeis, de ouro. A cidade e a provincia de Ourense traen por armas, en campo de azul, unha ponte de cinco arcos, movente dun faixado-ondado, de prata e de azul en punta, sumado á dereita dun castelo de ouro, e aclarado de goles, e á dereita dun león, de ouro, sostendo coa súa pata dereita alzada unha espada do mesmo metal; no centro do xefe, unha coroa real pechada, de ouro, forrada de goles e no timbre, coroa real pechada. Adoita aparecer castelanizado coa forma Orense.