ouriolo

ouriolo

(

Nome científico: [Oriolus oriolus, Fam dosoriólidos]
s m [ANIMAL/ORNIT]

Ave de tamaño similar ao tordo, que ten as ás e a cola longas. O macho é dunha característica cor amarela intensa coas ás e a cola negras, esta última cos vértices amarelos, e a femia e os xuvenís son de cor verde por riba, grisáceo e branco por abaixo e con ás e cola máis escuras. A alimentación é tanto vexetal como animal, e está composta por figos, cereixas e outras froitas, insectos, arácnidos, caracois ou vermes. Reprodúcese entre maio e xuño, fai o niño en forma de bolsa, pendurado dunha galla alta e pon entre 3 a 5 ovos. É unha especie politípica de ampla distribución paleártica e con tendencias termófilas e relativamente mediterráneas que aparece ligado ás carballeiras, hortas con froiteiras, ribeiras fluviais ou en parques de cidades. En Galicia é unha especie estival que aparece a finais de abril e maio e queda ata finais de agosto ou primeiros de setembro, repartíndose por todo o territorio agás a alta montaña e na banda cantábrica, onde pode aparecer unicamente preto dos ríos. Pódese considerar unha especie común no territorio galego. En Galicia o principal problema de conservación que pode afectar ao ouriolo é a destrución e transformación do seu hábitat, principalmente das fragas fluviais, mentres que nas poboacións europeas é nas zonas de invernada (deforestación da sabana e desertización do Sahel). OBS: Tamén se denomina milleiro, nicolao, papafigo, vichelocrego.

Formas incorrectas

milpéndora

Palabras veciñas

ouriñal | ouriñar | ouriños | ouriolo | ourivaría | ourive | ourivería