Overbeck, Johann Friedrich

Overbeck, Johann Friedrich

Pintor alemán. Formado na Academia de Viena (1806-1810), en 1810 estableceuse en Roma, onde fundou a escola dos nazarenos, e puxo a súa arte ao servizo da Igrexa Católica. O seu estilo baseouse en Rafael e representou a perduración da plástica pictórica neoclásica, aberta, pola contra, a unha temática dun certo romanticismo. Colaborou na decoración ao fresco da stanza Bartholdy (1816-1818) e do casino Massimi de Roma (1828). Cultivou o retrato e pintou O triunfo da relixión nas artes (1840).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lübeck

  • Deceso

    Lugar : Roma