óvulo

óvulo

(< lat moderno ovŭlu)

  1. s m [BIOL]

    Gameto feminino producido polo ovario que, despois de ter madurado e de ser fecundado, é capaz de desenvolver un novo organismo. É unha célula voluminosa (de poucos microns ata 30 mm), en función da cantidade de vitelo de reserva que contén. Adoita ser un epitelio simple que nalgúns casos se ondula, se ramifica e pode penetrar no óvulo.

    Sinónimos: ovo.
  2. s m [BOT]
    1. Célula sexual feminina.

      Sinónimos: oosfera.
    2. ovocélula.

    3. Nome que recibe impropiamente o primordio seminal.

  3. s m [MED]

    Preparado farmacéutico en forma de ovo, de aplicación vaxinal, de 2 a 4 cm de diámetro, composto xeralmente dun excipiente de xelatina e glicerina, que forma unha masa branda que contén o medicamento. OBS: Tamén se denomina supositorio vaxinal.