Oyama
Oyama
Cidade do ken de Tochigi, situada na illa de Honshū, Xapón (147.713 h [estim 1993]). Ten un porto fluvial, e as boas condicións e a proximidade a Toquio convertérona en arrabalde industrial da capital.