ozonosfera

ozonosfera

(

s f [METEOR]

Capa da atmosfera terrestre, que se sitúa aproximadamente entre os 30 e os 60 km por enriba da superficie, que contén unha gran concentración de ozono. Esta capa exerce a función dun parasol que protexe a Terra absorbendo as radiacións ultravioleta de onda máis curta que chegan do Sol. Na década de 1960 comezouse a observar unha diminución no espesor desta capa polo uso indiscriminado de clorofluorocarbonos (CFC) en refrixerantes e propelentes, que supuxo a aparición dun buraco enriba da Antártida.