1 p
-
s
m
[ESCR]
Décimo quinta letra do alfabeto galego, denominada pe.
-
s
m
[FILOL/LING]
Grafía que representa o fonema consonántico oclusivo bilabial xordo /p/. Só admite a realización oclusiva [p] calquera que sexa a súa posición na palabra e os sons veciños ([‘pata], [ãmpa’ɾaɾ]). Nas palabras patrimoniais só se dá en posición explosiva; nesta posición, sobre todo en palabras cultas ou semicultas, pode formar grupo consonántico con /l/ e /r/: pra-to, pla-ni-fi-car. En posición inicial e en palabras moi cultas tamén son posibles as secuencias pt-, ps- e pn-: nunha pronuncia moi esmerada prodúcese unha pequena oclusión antes do segundo elemento, pero a práctica máis estendida consiste na eliminación da oclusiva ((p)terodáctilo, (p)sico-, (p)neumático). A posición implosiva só é posible en palabras non patrimoniais; coma no caso anterior, a tendencia máis xeneralizada é a omitilas e a vogal anterior, se é de abertura media, é aberta (optimista [ɔti’miªsta]. Nun número moi reducido de palabras, non plenamente incorporadas ao idioma, dáse o grupo /pªs/, normalmente realizados unicamente como [ªs] (bíceps). Diacronicamente a grafía <p> procede da consoante oclusiva xorda P- en posición inicial (pagar < lat PACĀRE) e da simplificación da consoante xeminada oclusiva bilabial xorda latina -PP- en posición intervocálica (estopa < STŬPPA).