pa
(< lat pala)
-
-
s
f
Ferramenta formada por unha lámina de madeira ou prancha de ferro, de forma xeralmente rectangular, trapezoidal ou curva, cunha certa concavidade, e por un mango cilíndrico, xeralmente de madeira, e de diámetro variable, destinada a recoller, trasladar ou remover algunha materia sólida, pastosa ou poeirenta.
-
pa mecánica
[TECNOL]
Máquina que se destina a mover materiais soltos, como area, pedra ou carbón ou para realizar traballos de escavación e de derruba, que consiste basicamente nun chasis automotor (ríxido ou articulado) montado sobre rodas ou eirugas e provista, na parte frontal, dunha culler cuns brazos articulados, movidos mediante cilindros hidráulicos, que permiten baixar e subir sucesivamente o canto da culler para enchela de material, levantala unha vez chea e, despois de que o vehículo efectúe o desprazamento ata o lugar da descarga, envorcala para baleirar o seu contido.
-
s
f
-
s
f
Cantidade de calquera cousa que cabe nunha pa.
Ex: Tráeme unha pa de area para botarlle a esta masa.
Sinónimos: pada. -
-
Utensilio máis pequeno de forma semellante a unha pa.
Ex: Colle a pa para partir a torta.
-
s
f
[DEP]
Anaco de madeira que ten unha parte ampla e fina e outra que forma o mango, coa que se dá impulso á bóla.
-
-
s
f
-
Parte máis ampla e xeralmente de menos grosor dalgunhas cousas, como a dalgúns apeiros de labranza ou a dun remo.
-
[DEP]
Parte dianteira do esquí, que forma unha curva e ten menos grosor.
-
[TECNOL]
Cada un dos elementos propulsores que forman a hélice ou o rotor, fixados ao núcleo ou ao corpo central.
-
-
s
f
-
[ANAT]
omoplata.
-
[ZOOL]
Parte superior das patas dianteiras dalgúns animais.
Sinónimos: paela.
-
[ANAT]
-
s
f
[BOT]
Cladodio da chumbeira.