P.A.N.
P.A.N.
[PUBLIC]
Revista republicana e progresista publicada en Madrid a partir de xaneiro de 1935. Cesou en xullo dese ano. Subtitulada “Revista epistolar y de ensayos”, o seu anagrama respondía ás palabras “poetas”, “andantes” e “navegantes”, e facía referencia ao deus Pan. Dirixida por Xosé Otero Espasandín, saíu mensualmente e contou coa colaboración dos irmáns Rafael e Eduardo Dieste, Antonio Baltar e Eugenio Granell. Incluíu poemas, cartas, ensaios e artigos sobre política nacional e internacional, así como creacións literarias de autores hispanoamericanos e reproducións de textos de literatura en diversas linguas.