Pachacutec Pachacuti

Pachacutec Pachacuti

Emperador inca, fillo e sucesor de Viracocha Inca. Foi o primeiro dos grandes conquistadores e con el comezou o período propiamente histórico deste imperio. Comezou por dominar todas as tribos veciñas de Cuzco e chegou ata os vales do Urubamba e do Vilcapampa ao norte, e ata o lago Titicaca polo sur. O seu fillo, Topa Inca Yupanqui , baixo as súas ordes desde 1463 ata 1471, estendeu o imperio polo norte ata incluír unha parte da actual República de Ecuador.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso