Pacheco Girón, Juan

Pacheco Girón, Juan

Nobre, primeiro duque de Escalona (1472) e marqués de Villena, fillo de Afonso Téllez-Girón e de María Pacheco. Foi valido do Rei Enrique IV de Castela ao que dominou e converteu nun instrumento político para combater a Xoán II de Castela e Álvaro de Luna (1441), aínda que despois loitou a favor destes, feito que lle valeu o marquesado de Villena. En 1451 foi nomeado adiantado maior de Castela. Ao ascender ao trono Enrique IV, que o mantivo no cargo de mordomo maior e o nomeou mariscal de Castela, promoveu loitas entre bandos na corte e despois conspirou contra o rei. Intentou obstaculizar o casamento de Isabel, irmá do rei que el fixera prometer co seu irmán Pedro, co futuro Fernando II de Aragón.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Belmonte, Cuenca

  • Deceso

    Lugar : Santa Cruz de la Sierra, Cáceres