Pacín, ponte de
Pacín, ponte de
Construción situada sobre o río Casal en Entrimo. Data do s XVI ou XVII e foi construída en cantaría e cachotaría. Ten un só van formado cun arco de medio punto e coa rasante horizontal. Atópase no antigo camiño de Grou a Entrimo.