pacifismo
pacifismo
(
s
m
[POLÍT]
Doutrina e movemento partidario da supresión da guerra como medio de resolver os conflitos internacionais. A súa orixe remóntase ao s XIX, coa creación de sociedades para a paz en Nova York (1815), Londres (1816), París (1821) e Xenebra (1830). A finais do s XIX o movemento pacifista recibiu un novo e definitivo impulso ao incorporarse as súas tendencias ao ideario dos partidos socialistas e das organizacións obreiras. Como consecuencia creouse a Oficina Internacional da Paz en Berna (1892).