Padrón, O Carme de
Padrón, O Carme de
Convento situado en Padrón. Construído no s XVIII en estilo neoclásico grazas a unha doazón do bispo de Quito Alonso da Peña, foi inaugurado en 1752 e pertenceu aos Carmelitas Descalzos ata o s XX, cando pasou a mans dos dominicanos. Destaca o seu emprazamento a grande altura e a terraza que o rodea. Na base do conxunto sitúase unha fonte de finais do s XVIII.