Pae Calvo
Pae Calvo
Xograr probablemente galego. Desenvolveu a súa actividade na segunda metade do s XIII. Está integrado no hipotético Cancioneiro de Xograres Galegos, entre Pero d’ Armea e Martin de Padrozelos. Da súa produción consérvanse dúas cantigas de amigo “Foi-s[e] o meu perjurado” e “Foi-s’ o namorado”.