Paflagonia

Paflagonia

Rexión histórica de Asia Menor, situada nas beiras do Mar Negro. Limitada ao L polo Ponto e ao O polo Bitinia, a localidade máis importante é a actual Kastamonu. Os gregos fundaron nela no s VII establecementos comerciais, que cederon ás acometidas dos cimerios. No s VI caeu en mans dos lidios (546 a C) e, máis tarde, dos persas. Alexandre o Grande apoderouse dela (334 a C), pero os seus habitantes conseguiron a independencia arredor de 281 a C. Diocleciano reorganizouna e converteuna definitivamente en provincia do Imperio (s III).