Pafos
Pafos
Capital do distrito de Pafos, Chipre (20.800 h [1982]). Conta cun porto pequeno, situado na parte SO da illa, e é un centro comercial de madeira, viño e olivas. A uns 15 km está a antiga cidade homónima, núcleo de poboación micénica e centro do culto a Afrodita que, segundo a lenda, nacera nas súas marxes.