Pagano, Francesco Mario

Pagano, Francesco Mario

Filósofo, xurista e patriota. Loitou pola República Partenopea e formou parte do seu goberno provisorio. Publicou un ensaio de lexislación romana, Nomotesia (1767), pero a súa obra máis importante é Saggi politici dei principi, progressi e decadenza della società (1785), tratado orgánico de filosofía histórica con concepción cíclica do mundo primitivo e con influencias da escola escocesa e dos ilustrados franceses.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Brienza, Basilicata

  • Deceso

    Lugar : Nápoles