Paideia, Fundación

Paideia, Fundación

Fundación sen ánimo de lucro constituída en abril de 1986 como un espazo aberto de actuación, reflexión, debate, formación e investigación en ciencias humanas e sociais. Dos seus obxectivos destacan a realización de actividades orientadas á formación e investigación, a implantación de programas e tarefas dinámicas e a busca da excelencia en servizos e prácticas profesionais, desde unha abordaxe interdisciplinar e integral. Presidida por Rosalía Mera Goyenechea, impulsou os proxectos Antear, Trébore e Evos, que tiñan como obxectivo a inserción laboral das persoas con discapacidade psíquica ou con risco de exclusión social.

Palabras veciñas

Pai Gomez Charinho | Pai Soarez de Taveirós | paideia* | Paideia, Fundación | paidoloxía | paidoxénese | paifocada