Paine, Thomas

Paine, Thomas

Escritor e político revolucionario británico. Alentado por Franklin, foi a EE UU (1774) e tomou parte na causa da independencia. De novo en Europa, atacou a obra de Edmund Burke con The Rights of a Man (1791-1792) e chegou a ser membro da Convención Nacional. Encarcerado polos xacobinos, escribiu The Age of Reason (1794-1795), contra o aspecto supersticioso da relixión e a súa inxerencia na política.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Thetford, Norfolk

  • Deceso

    Lugar : Nova York