Paio I de Asturias
Paio I de Asturias
Primeiro rei de Asturias (710?-737). Cabaleiro da garda real de Vitiza e de Rodrigo, retivérono como refén os sarracenos en Córdoba e fuxiu a Asturias en 717. Refuxiado nas serras dos Picos de Europa, provocou a rebelión dos ástures, que o nomearon xefe (718), e derrotou os sarracenos na Batalla de Covadonga (722). Foi sucedido polo seu fillo Favila e a súa filla Ermesinda casou co futuro Afonso I de Asturias.