País, El

País, El

Semanario publicado en Pontevedra a partir de agosto de 1857. Cesou o 22 de decembro de 1858. Subtitulado “Periódico de ciencias, literatura, industria y comercio” e “Periódico literario y comercial”, foi fundado por Xosé Fernández Anciles, Vicente Gregorio Aspa e os irmáns Xosé e Luís Rodríguez Seoane. De carácter científico e literario, editouno inicialmente Xosé Vilas, e logo Castro Martín, na imprenta de Domingo Puga. Considerado un dos xornais pontevedreses máis destacados da época, contou coa colaboración de escritores de prestixio. Foi substituído por La Peregrina.