paixón
(< lat passĭōne)
-
s
f
-
[RELIX]
Conxunto de sufrimentos e humillacións de Xesús desde o seu apresamento ata a súa morte.
-
[RELIX]
Conxunto de relatos sobre o apresamento, o xuízo, a condena e a crucifixión de Xesús. É o tema fundamental da primeira predicación. Das numerosas narracións que se fixeron, incluídos os evanxeos apócrifos, catro foron aceptadas como canónicas nos Evanxeos. OBS: ;Adoita escribirse ne maiúscula.
-
[MÚS]
Composición musical sobre a narración evanxélica dos acontecementos que precederon e acompañaron a morte de Xesús. Na Idade Media representouse cantada en canto plano. Nos ss XVII e XVIII cultivouse especialmente en Alemaña coa introdución de corais, arias e coros e destacaron, sobre todo, as de H. Schütz (1667). No s XVIII convertéronse en verdadeiros oratorios e os máis destacados foron os de J. S. Bach.
-
[LIT/ESPECT]
Representación da paixón de Xesús procedente do drama litúrxico medieval (misterio) e, en último termo, do canto litúrxico da paixón. Entre as máis coñecidas está a de Oberammergau en Baviera.
-
[RELIX]
-
[RELIX]
-
s
f
Celebración litúrxica conmemorativa da paixón e morte de Xesús durante a Semana Santa, inaugurada o domingo de Ramos ou de Paixón, e que culmina o Venres Santo, ou día da Paixón e Morte do Señor, en que se le a Paixón e se observa o rito antigo da adoración da cruz.
-
tempo de paixón
Dúas últimas semanas de Coresma, antes da reforma do ano litúrxico (1969).
-
s
f
-
s
f
-
[FILOS]
Categoría aristotélica, contraposta á acción, que expresa o estado dun ente afectado pola acción doutro.
-
[PSIC/FILOS]
Afección ou modificación do suxeito psíquico que se caracteriza por unha gran polarización da afectividade nun único sentimento que deixa debilitadas e anuladas as capacidades de xuízo e a vontade. O estudo das paixóns centrou boa parte da doutrina psicolóxica da escolástica. Outros filósofos como R. Descartes e B. Spinoza fixeron diversas clasificacións dela.
-
Desexo sexual, especialmente intenso.
-
[FILOS]
Refráns
- A moita paixón non agarda razón.
- As túas festas, rapaz, non che me son nada boas; porque, cando ti mas fas, todo o corpo me afervoas.
- Home apaixonado non quere ser aconsellado.