Paixón segundo San Mateo, A
Paixón segundo San Mateo, A
[MÚS]
Oratorio composto por J. S. Bach sobre un libreto de F. Henrici, en que se narra a paixón, a crucifixión e a resurrección de Xesús Cristo seguindo o Evanxeo de san Mateo. Estreada en 1729 na igrexa de Santo Tomás de Leipzig, onde Bach era organista, está considerada unha das principais obras da música relixiosa do Barroco. O oratorio, dividido en dúas partes, inclúe arias, recitativos e corais. Despois de quedar practicamente apartado dos círculos musicais, en 1829 F. Mendelssohn encargouse de dirixir unha nova versión previamente reactualizada por el mesmo.