Paizás, pazo de

Paizás, pazo de

Construción situada en Cira (Silleda). Construído en 1717, trátase dun edificio de planta rectangular con dúas ás que se abren cerrando un patio. No extremo dunha delas hai unha torre con ameas, que se construíu na década de 1940. Nunha das súas fachadas laterais destaca o soportal de arcos de medio punto rematado nunha balaustrada.