Paizás, San Salvador de

Paizás, San Salvador de

Igrexa parroquial situada en Ramirás. Pertenceu ao antigo mosteiro de San Salvador, Santa María, San Pedro e San Pablo. Datada no s XII, consta dunha soa nave con ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. A porta principal está ornada por arquivoltas decoradas con zigzag e que se apoian en columnas con capiteis antropomórficos.