Pájara

Pájara

Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias (5.242 h [1991]). Abrangue parte do relevo montañoso do centro da illa de Fuerteventura e toda a península de Jandía. A agricultura é o principal recurso económico con cultivos de alfalfa, tomates e cereais. Destaca a praia de Barlovento (Pared), ao O do istmo da península de Jandía.