Pajares Vales, Carlos

Pajares Vales, Carlos

Físico. Catedrático de Física Teórica, foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e despois foi reitor da mesma institución (1984-1990). Investigou no campo da física teórica e das partículas elementais, propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego. Con máis de 150 artigos publicados, das súas obras destacan La nueva física (1975), Introdución a las interacciones fuertes (1977), De lo más pequeño a lo más grande del universo (1996) e Introdución a la Física (2001). Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid