paladio
(< lat palladiu < gr Παλλάδιον‘estatua da deusa Palas’)
-
s
m
[MIT]
Representación de Palas Atenea, venerada como protectora da casa e da cidade. Eran famosas as que existían nos templos da deusa en Atenas e Troia.
-
[QUÍM]
-
s
m
Elemento metálico de transición, de número atómico 46 e peso atómico 106,4, que pertence ao grupo VIII da táboa periódica. Atópase na natureza en estado nativo, xunto a outros metais do grupo do platino e, en pequena proporción, con algúns minerais de níquel e cobre. É unha mestura de seis isótopos naturais estables. O metal é de cor branca e agrisada, con brillo metálico, dúctil e maleable. Ten unha densidade de 12,02 g/cm 3 , fúndese a 1.554°C e ferve a 3.140°C. É atacado polos ácidos sulfúrico e nítrico concentrados e quentes, e disólvese rapidamente en auga rexia. Presenta a propiedade de ocluír grandes volumes de hidróxeno a baixa temperatura, e en quente permite a difusión de hidróxeno a través del, feito en que se basea un método para a obtención de hidróxeno de elevada pureza. Como outros metais do seu grupo presenta, cando está finamente dividido, unha intensa actividade catalítica. Forma dúas series de compostos, esencialmente covalentes, onde actúa coas valencias II e IV. Os compostos de Pd(II) teñen unha gran tendencia á formación de complexos, que presentan unha grande estabilidade. Os complexos de Pd(IV) son máis estables ca os mesmos compostos, que son lábiles e de pouca importancia. Emprégase sobre todo como catalizador de hidroxenación en síntese orgánica e na industria eléctrica para contactos, substituíndo con vantaxe ao platino, de custo moi superior. O paladio forma aliaxes co cobre e a prata dunha gran resistencia ao desgaste e á corrosión.
-
dicloruro de paladio [PdCl 2 ]
Sólido pulverulento vermello escuro, delicuescente, soluble en auga, ácido clorhídrico (con formación de [PdCl 4 ] 2- ), alcohol e acetona, que se funde con descomposición a 501°C. É o composto de Pd(II) máis importante, e é o produto de partida para a obtención de moitos outros compostos e complexos do paladio.
-
óxido de paladio(II) [PdO]
Sólido en forma de pos negros verdosos, que se descompoñen a 870°C. Redúcese facilmente con hidróxeno e proporciona paladio con actividade catalítica.
-
s
m