2 palatino -na

2 palatino -na

(< lat palatīnu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao palacio dun soberano.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao palacio pontificio. No sacro palacio pontificio manifestouse a influencia da organización do imperio cos seus xuíces palatinos e nuncios. No s XI comezou a preponderancia dos cardeais, e os palatinos insignes reducíronse á administración xurídica e á de bens.

  3. adx

    Que vive ou traballa no palacio dun soberano.

  4. adx e s [HIST]

    Que ou quen se encarga dalgún oficio, xeralmente de elevada categoría, no palacio dun soberano. Durante o Imperio Romano, recibiron este nome os funcionarios de palacio, entre os que se contaban os administradores de bens, redactores de constitucións e mandatos, o cortexo do emperador, o cuestor de palacio, o conde das liberalidades ou os condes e duques dos militares. Na monarquía franca tiveron importancia sobre todo na persoa do conde palatino. Antigamente aplicouse a altos dignatarios, como os gobernadores de provincia en Polonia ou o xefe supremo de xustiza en Hungría.

  5. escola palatina [HIST]

    Antiga escola da corte merovinxia, onde eran educados os fillos da nobreza. Carlomagno reorganizouna e reuniu nela os mellores intelectuais da época, para preparar funcionarios hábiles en letras e na administración do imperio. Foi a primeira realización cultural dunha certa importancia da época medieval.

Palabras veciñas

Palatinado | Palatino | 1 palatino -na | 2 palatino -na | palatite | palato- | palatoalveolar