Palazuelo, Pablo

Palazuelo, Pablo

Pintor e escultor. A súa obra evolucionou desde a figuración e o cubismo ata a abstracción xeométrica, con cores planas e puras sobrepostas, e liñas rectas e oblicuas. Influenciado por Kandinskij, Mondrian ou Paul Klee caracterizouse pola súa tendencia á depuración e á simplificación matemática. Aínda que realizou estudos de arquitectura, a partir de 1939 dedicouse á pintura. En 1954 realizou a súa primeira escultura, faceta artística que abandonou para retomala en 1963. Destacan Homenaje a Paul Klee (1948) e as series Ascendente (1954) e Monroy (1974). Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1999), a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1982) e o Premio Velázquez de las Artes (2004).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid