Palenque

Palenque

Cidade maia, do período clásico (600-900), situada no val do río Usumacinta, no estado mexicano de Chiapas. Está composta por numerosos templos pirámide (do Sol, da Cruz, da Cruz Foliada, das Inscricións), un gran palacio cunha torre para observacións astronómicas, un xogo de pelota ou un acueduto. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).