paleoicnoloxía
paleoicnoloxía
(< paleo- + icnoloxía)
s
f
[PALEONT]
Ciencia que estuda as pegadas que deixan os organismos antigos e que se conservan nas rochas. A análise das pegadas antigas representa unha contribución importante ao coñecemento dos antigos organismos desprovistos de esqueleto e fornece información sobre o comportamento dos animais antigos e a súa contribución á sedimentación. En sucesións sen fósiles, as pegadas antigas poden cumprir o seu papel na análise estratigráfica.