paleoxeografía

paleoxeografía

(< paleo- + xeografía)

s f [PALEONT/XEOL]

Rama da xeoloxía que estuda as condicións xeográficas da superficie terrestre ao longo das eras xeolóxicas. Analiza e describe a distribución das terras e dos mares, os sistemas montañosos, as redes hidrográficas, os lagos, a expansión glaciaria, os volcáns, os climas, o reparto das masas vexetais e a fauna. Ocúpase tamén dunha serie de fenómenos, como o desprazamento dos polos ou variación das radiacións solares, que en certa maneira puideron influír na xeografía do pasado. Aínda que o seu dominio comeza coa formación dos primeiros continentes e océanos, comprende esencialmente as eras Primaria, Secundaria, Terciaria e parte da era Cuaternaria. Os métodos de investigación desta ciencia baséanse nas ciencias máis afíns, é dicir, a xeoloxía (estratigrafía, litoloxía ou tectónica), a paleontoloxía (fósiles) e as ciencias da natureza en xeral.

Palabras veciñas

paleotropical | Paleóxeno | paleóxeno -na | paleoxeografía | paleoxeólogo -ga | paleoxeoloxía | Paleozoico