Paleozoico

Paleozoico
s m [ESTRATIG]

Primeira era do Fanerozoico, que se sitúa entre o Precámbrico e o Mesozoico. Está comprendido entre os -590 e os -248 millóns de anos. En Europa adoita dividirse en Paleozoico Inferior (que comprende os períodos Cámbrico, Ordovícico e Silúrico) e Paleozoico Superior (que comprende os períodos Devónico, Carbonífero e Permiano). Os materiais rochosos do Paleozoico son de todo tipo, e abundan os xistos, as cuarcitas e as calcarias. OBS: Tamén se denomina Era Primaria ou Era dos Trilobites.