Palestrina
Palestrina
Cidade da provincia de Roma, Lacio, Italia (15.555 h [1991]). A Praeneste romana constituía o único paso a Roma polo val do río Sacco, percorrido pola vía latina. Sometida por Roma tras a Guerra Latina (338 a C), durante a Idade Media pertenceu á familia Colonna, que lla disputaron aos papas. Convertida en principado (1449), adquirírona os Barberini. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio Colonna-Barberini (s VII).