palinxénese

palinxénese

(< palin- + xénese)

  1. s f [XEN]

    Aparición, no home ou nun animal, dun ou máis caracteres morfolóxicos que, aínda que se cren consecuencia da herdanza, non se manifestaron nas xeracións intermedias, senón unicamente en xeracións ancestrais afastadas.

  2. s f [XEOL]

    Formación mediante procesos metamórficos de rochas novas por refusión de rochas ígneas preexistentes.

  3. s f [FILOS]

    Doutrina que afirma a rexeneración ou reaparición periódica dos mesmos acontecementos, as mesmas almas e a mesma realidade como conxunto. Equivale ao eterno retorno e foi admitida polos pitagóricos e os estoicos pero con matices diferentes.