palio
(< lat pallĭu)
-
s
m
[HIST/INDUM]
Manto equivalente ao imation grego, de forma rectangular, que se levaba sobre a túnica na antiga Roma. Usábano sobre todo filósofos e homes de letras.
-
s
m
[RELIX]
Insignia pontifical que consiste nunha banda circular branca, ornada con catro ou seis cruces, que o papa e algúns arcebispos poñen arredor dos ombros, coas puntas pendurando sobre o peito e sobre as costas.
-
s
m
[RELIX]
Dosel sostido por catro ou máis varas longas para acubillar nas procesións ao sacerdote que leva a custodia ou ao bispo na entrada ás igrexas ou aos lugares da súa xurisdición. Nalgúns lugares tamén entraban nas igrexas baixo palio os reis e xefes de estado. OBS: ;Tamén se denomina baldaquino.
-
s
m
Calquera cousa semellante a un dosel que serve para cubrir.
-
s
m
[ANAT]
Córtex cerebral e substancia branca subxacente.