Palma, castelo da

Palma, castelo da

Construción situada en Mugardos. Coñecido na súa orixe como castelo de Nosa Señora da Palma, foi construído por orde de Martín de Padilla e rematouse cara a 1597. Formou parte das fortificacións militares que se realizaron na ría de Ferrol e na de Ares para evitar os ataques dos inimigos, e empregouse como atalaia de vixilancia ata que no s XVIII se converteu en baluarte defensivo, tras as reformas dos enxeñeiros militares Juan de La Ferriere e Juan Vergel, entre outros. A súa posición na entrada da ría de Ferrol, xunto co castelo de San Filipe na outra beira, condicionou esta finalidade. Sufriu modificacións das armarías e a reconstrución dalgúns arcos, e no s XVIII engadíronselle as garitas. Reconstruído a principios do s XX, o seu último uso foi o de prisión militar. Foi vendido para habilitalo como establecemento hostaleiro. En 1596 foi escenario do combate das tropas inglesas. Destacan as súas troneiras e os contrafortes militares. Foi declarado BIC en 1994.

Palabras veciñas

Palma del Río | Palma o Vello | Palma, casa nobre da | Palma, castelo da | Palma, La | Palma, Ricardo | palmada