Palma, La

Palma, La

Illa da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situada a 72 km ao N de El Hierro (728 km2; 61.800 h [2001]). A súa capital é Santa Cruz de La Palma. Nela destaca un gran sistema volcánico que ocupa o sector norte da illa e que comprende o amplo cráter de La Caldera de Taburiente, que culmina en Roque de los Muchachos, con 2.426 m de altitude. O clima está condicionado polo relevo, polo que nas vertentes setentrionais as precipitacións son moito máis abundantes ca nas meridionais. A capital da illa é o centro turístico e un importante porto pesqueiro.