Palos de la Frontera
Palos de la Frontera
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado preto da desembocadura do río Tinto (7.314 h [2001]). Destaca a agricultura, a pesca e as conservas. É o antigo porto do que partiron e arribaron as naves do descubrimento de América. Do seu patrimonio cultural destaca o mosteiro de Santa María de la Rábida.