Paludan-Müller, Frederik

Paludan-Müller, Frederik

Escritor danés. Partiu dunha etapa romántica en que desenvolveu un estilo moi semellante ao de H. Heine, L. Musset e Lord Byron. Desta época destacan Raab til Polen (Berro a Polonia, 1831), Danserinden (A bailarina, 1833) e Amor og Psyche (Amor e Psique, 1834). A súa evolución cara a unha poesía amorosa e mitolóxica, antirromántica e ás veces pesimista, veu marcada polo poema épico satírico Adam Homo (1841-1849).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Kerteminde, Fionia

  • Deceso

    Lugar : Copenhaguen