Pàmies i Bertran, Teresa

Pàmies i Bertran, Teresa

Escritora. De ideoloxía marxista, foi dirixente das Joventuts Unificades de Catalunya (1937) e fundadora da Aliança Nacional de la Dona Jove (1937-1939). Exiliada en París, Praga e nalgúns países americanos, é autora de obras de carácter autobiográfico, como Quan èrem refugiats (1975); crónicas de viaxe, como Nadal a Porto (1995, Premi de les Lletres Catalanes); novelas de fición, como Segrest amb filipina (1986); e ensaios, como Cròniques de nàufrags (1976) e L’art d’envellir (2002). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (2001) ao conxunto da súa obra.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Balaguer