Pamir

Pamir

Rexión montañosa situada ao SL de Asia central. Limita ao N coa cordilleira Zaalajsk setentrional, ao L coa de Sarykol’ oriental, ao S co lago Zorkul’, o río Pamir e a vertente superior do río P’andž, e ao O co corte meridional do val do P’andž. Os cumios máis elevados son o Kongur (7.579 m), o Mūz Tāg Attā (7.555 m) e o Kommunizma (7.495 m). O clima é montañoso, cru e continental. O maior lago é o Karakul’ (salgado).