panafricanismo

panafricanismo

(< pan- + africanismo)

s m [POLÍT]

Doutrina política que intentaba acadar a unidade dos pobos africanos. O movemento reclamou para os pobos africanos os principios de Thomas Woodrow Wilson, que denunciaba a explotación e a división de África, propoñía a promoción da cultura negra, precisaba a noción de negritude e afirmaba a capacidade dos pobos africanos para a autodeterminación. A Organización da Unidade Africana (1963) favoreceu a loita contra os últimos redutos coloniais.

Palabras veciñas

panadeiro -ra | panadería | Panaeolus | panafricanismo | panafricanista | panafricano -na | Panahi, Jafar